O escabeche

Horario:

M 13:00-16:00

MÉR 13:00-16:00

X 13:00-16:00 // 20:00-22:00

V 13:00-16:00 // 20:00-23:30

S 13:00-16:00 // 20:00-23:30

Víspera Fest. 13:00-16:00 // 20:00-23:00

D e Fest. 12:00-16:00

A idea

E por qué non? Pois, claro que si. Períodos de maduración, investigación, observación. De compartir pratos, ideas, de mirar atrás e ó futuro.

Unha ilusión que pouco a pouco foi tomando forma, un ir e vir de ideas compartidas con amigos e profesionais.

Así nace a Culturtasca O Escabeche, gastronomía, cultura, artesanía. Sobre todo un espazo para compartir conversas, cancións, risas e como non, comida regada cun bo viño.

O que naceu por casualidade, é hoxe unha realidade aberta a novos matices e ideas. Sempre vinculadas ás nosas raíces, co agarimo que da compartir a vida en Mugardos.

Plato

A proposta

Elaboracións lentas e laboriosas, acompañando o ciclo vital dos productos da horta e do mar. A frescura dos alimentos cociñados de forma tradicional, nos recorda esos sabores e olores das nosas familias.

Peixeiras, mariscadoras, saladores, pescadores,labregas ou gandeiras son a esencia dos nosos pratos. Son unha mostra da nosa historia, presente e futuro.

Trasladamos os nosos pratos a esos lugares cheos de beleza e recordos. A Redonda, Beiramar ou A Bestarruza forman o noso universo fotográfico e poden formar parte de ti.

Cada fin de semana será unha nova experiencia, con novas propostas para disfrutar con nós de Mugardos, os seus lugares e a súa cociña tradicional.

O Escabeche - Mugardos

O lugar

No corazón do porto de Mugardos, a medio camiño entre o Porto Vello e o Cantón de Cora, o carón do mar atoparás unha tasca sinxela e acolledora.

Con dous ambientes para probar os nosos petiscos e viños, unha zona con vistas ó mar, na que atoparás productos de artesanía e recordos e unha zona de comedor tranquila e espaciosa.

Nasas, agullas de redeiras, sachos de mariscar, forxa artesanal, estos elementos constitúen o noso entorno arredor do mar presente no Escabeche. Unha homenaxe á nosa xente e tradición.

Un espazo integrador, onde o deseño universal prima na toma de decisión. Todas e todas podemos disfrutar dun ambiente acolledor, familiar e sen barreiras.